§
A
Unión Europea.
§
Formación
e obxectivos da Unión Europea.
A Unión Europea é unha organización que pretende
integrar economicamente e politicamente os países que forman parte dela, de xeito
que poida equipararse ás que actualmente se poden considerar como grandes
potencias mundiais, especialmente aos Estados Unidos de Norteamérica.
A orixe do proceso de integración dos países
europeos nace nos anos inmediatamente posteriores ao remate da II Guerra
Mundial (1945). Unha Europa destruída pola guerra necesitaba naquela época o
apoio económico dos Estados Unidos. Este país decidiu cooperar na reconstrución
europea mediante a concesión dunha axuda económica (plan Marshall). Os
norteamericanos puñan unhas condicións: que os países que recibiran a axuda
foran democráticos e que se creara un organismo para a supervisión do reparto
do diñeiro. Este organismo, coñecido polas siglas OECE, e fundado en 1948, pódese
considerar como o primeiro intento de integración europea, aínda que baixo o
control dos Estados Unidos.
Así e todo, os europeos comezaron a dar pasos para
cooperar economicamente á marxe dos Estados Unidos. Exemplos desta cooperación
foron o Benelux (unión alfandegueira entre os Países Baixos, Bélxica e
Luxemburgo -1948-) e a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA),
integrada en 1951 polos tres países do Benelux mais Francia, Alemaña e Italia.
O paso decisivo cara á unificación europea foi a
creación da denominada Comunidade Económica Europea (CEE). Esta organización
naceu tras a sinatura do tratado de Roma en 1957. Formaban parte dela os Países
Baixos, Bélxica, Luxemburgo, Francia, Alemaña e Italia. O seu obxectivo básico
era o de conseguir a libre circulación de mercadorías, capitais e traballadores
entre estes países, establecéndose entre eles unha unión alfandegueira (non había
que pagar aranceis nin impostos de entrada no tráfico comercial entre os países
signatarios do tratado de Roma).
A CEE foi medrando e incorporando novos países
europeos: Dinamarca, Irlanda e Gran Bretaña (1973); Grecia (1981); España e
Portugal (1986); Suecia, Finlandia e Austria (1995). Os obxectivos da
organización fixéronse máis ambiciosos: consolidar a unión económica e aspirar
no futuro á unidade política. No ano 1987, a Acta Única Europea serviu para
consolidar a CEE, creando unha política de “fondos estruturais” que basicamente
consistía en que os países máis ricos da organización se comprometían a axudar
economicamente aos máis pobres para reduciren as desigualdades existentes.
A Unión Europea, tal e como se coñece hoxe en día,
naceu coa sinatura en 1992 do tratado de Maastricht (Países Baixos). Os
obxectivos máis importantes deste tratado eran a creación dunha moeda única
para todos os países (esta moeda, chamada euro, entrou en vigor o 1 de xaneiro
de 1999 e empezou a circular a partir do 1 de xaneiro de 2002, cando substituíu
as antigas moedas nacionais); o establecemento da “cidadanía europea”,
simbolizado na aparición do pasaporte da Unión Europea; o aumento da
importancia do Parlamento Europeo, integrado por deputados de todos os países
membros, etc.
En 2004 foron admitidos na Unión Europea outros
dez países: Letonia, Estonia, Lituania, Polonia, a República Checa, Eslovaquia,
Eslovenia, Hungría, Malta e Chipre. Igualmente neste ano as autoridades
europeas e os gobernantes dos países membros deron luz verde á Constitución Europea,
documento fundamental con vistas a consolidar o proceso de unificación política
de Europa. Este documento debe ser aprobado no ano 2005 pola poboación en
consulta popular ou referendo (España foi o primeiro Estado que a aprobou por
esta vía) ou polos parlamentos nacionais dos diferentes estados.
@ Na tarefa 1 preténdese que sitúe e ordene
nunha liña de tempo os principais acontecementos relacionados co proceso de
formación da Unión Europea.
& Poderá usar como textos de apoio estes
libros de texto: “Xeografía” 3º de ESO, da editorial Obradoiro-Santillana, unidade
16, páxina 268, e “Historia” 4º de ESO, da mesma editorial, unidade 14, páxina
220.
@ O obxectivo da tarefa 2 é que identifique
os países que, na actualidade, forman parte da Unión Europea.
& Para documentar a resposta pode usar os
libros de texto: “Xeografía” 3º de ESO, da editorial Obradoiro-Santillana, unidade
16, páxinas 268 e 269, e “Historia” 4º de ESO, da editorial Obradoiro-Santillana,
unidade 14, páxinas 220 e 221.
§
Tarefa
1: A formación da Unión Europea.
§
Tarefa
2: Os países membros da Unión Europea.
§
Indique
en que ano se produciron os acontecementos relacionados coa formación da Unión
Europea que se mencionan deseguido e, posteriormente, sitúeos na liña de tempo.
ACONTECEMENTO
|
ANO
|
a) Sinatura do
tratado de Maastricht
|
|
b) Posta en
circulación do euro
|
|
c) Nacemento da CEE.
|
|
d) Ingreso de España
na CEE.
|
|
Liña de tempo:
ACONTECEMENTO
|
ANO
|
a) Sinatura do
tratado de Maastricht.
|
1992
|
b) Posta en
circulación do euro.
|
2002
|
c) Nacemento da CEE.
|
1957
|
d) Ingreso de España
na CEE.
|
1986
|
§
Indique
no cadro o nome de cada un dos países e sinale se forma parte (SI) ou se non
forma parte (NON) da Unión Europea. Pode consultar o mapa político de Europa en
calquera atlas actualizado para identificar os países.
Nº
|
PAÍS
|
SI/NON
|
1
|
FRANCIA
|
|
2
|
BULGARIA
|
|
3
|
ALEMAÑA
|
|
4
|
POLONIA
|
|
5
|
NORUEGA
|
|
6
|
IRLANDA
|
|
7
|
GRECIA
|
|
8
|
SUIZA
|
|
9
|
ESTONIA
|
|
10
|
ISLANDIA
|
|
Nº
|
PAÍS
|
SI/NON
|
1
|
FRANCIA
|
SI
|
2
|
BULGARIA
|
NON
|
3
|
ALEMAÑA
|
SI
|
4
|
POLONIA
|
SI
|
5
|
NORUEGA
|
NON
|
6
|
IRLANDA
|
SI
|
7
|
GRECIA
|
SI
|
8
|
SUIZA
|
NON
|
9
|
ESTONIA
|
SI
|
10
|
ISLANDIA
|
NON
|
§
Calquera
libro de texto da materia e o nivel correspondentes; recoméndanse particularmente
os seguintes:
–
Tarefa
1: libro de texto “Xeografía” 3º de ESO, da editorial Obradoiro-Santillana,
unidade 16, páxina 268; libro de texto “Historia” 4º de ESO, da editorial
Obradoiro-Santillana, unidade 14, páxina 220.
–
Tarefa
2: libro de texto “Xeografía” 3º de ESO, da editorial Obradoiro-Santillana,
unidade 16, páxinas 268 e 269; libro de texto “Historia” 4º de ESO, da
editorial Obradoiro-Santillana, unidade 14, páxina 220 e 221.
Estado miembro de la Unión Europea
Estados miembros de la
Unión Europea.
Estados candidatos a la adhesión.
Se denomina
Estado miembro de la Unión Europea a cada uno de los
países soberanos que forman parte de la
Unión Europea1 (UE) y que le confieren competencias.
2
En la actualidad, hay veintiocho Estados miembros de la Unión Europea.
3 Desde los seis Estados fundadores de las originales
Comunidades Europeas4 hasta su composición actual, la Unión ha experimentado sucesivas
ampliaciones que han extendido sus fronteras hasta abarcar en la actualidad la mayor parte del territorio continental bajo la gobernanza común de la Unión Europea.
Para poder acceder a formar parte de la UE los Estados deben cumplir unos requisitos conocidos como
Criterios de Copenhague, que establecen la obligatoriedad de que el Estado posea un gobierno
democrático,
libre mercado, además de reconocer los
derechos y
libertades de los ciudadanos entre otros requisitos.
6 Cualquier Estado europeo que cumpla los requisitos de pertenencia puede formar parte de la Unión,
6 y desde la firma del
Tratado de Lisboa cualquier Estado que lo desee puede solicitar la retirada.
7Hasta la fecha ningún Estado miembro se ha retirado o ha sido suspendido de la Unión Europea.