sábado, 23 de enero de 2016

3.2. ESTADOS MIEMBROS UE (WIKIPEDIA)

§  A Unión Europea.
§  Formación e obxectivos da Unión Europea.


A Unión Europea é unha organización que pretende integrar economicamente e politicamente os países que forman parte dela, de xeito que poida equipararse ás que actualmente se poden considerar como grandes potencias mundiais, especialmente aos Estados Unidos de Norteamérica.

A orixe do proceso de integración dos países europeos nace nos anos inmediatamente posteriores ao remate da II Guerra Mundial (1945). Unha Europa destruída pola guerra necesitaba naquela época o apoio económico dos Estados Unidos. Este país decidiu cooperar na reconstrución europea mediante a concesión dunha axuda económica (plan Marshall). Os norteamericanos puñan unhas condicións: que os países que recibiran a axuda foran democráticos e que se creara un organismo para a supervisión do reparto do diñeiro. Este organismo, coñecido polas siglas OECE, e fundado en 1948, pódese considerar como o primeiro intento de integración europea, aínda que baixo o control dos Estados Unidos.

Así e todo, os europeos comezaron a dar pasos para cooperar economicamente á marxe dos Estados Unidos. Exemplos desta cooperación foron o Benelux (unión alfandegueira entre os Países Baixos, Bélxica e Luxemburgo -1948-) e a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA), integrada en 1951 polos tres países do Benelux mais Francia, Alemaña e Italia.

O paso decisivo cara á unificación europea foi a creación da denominada Comunidade Económica Europea (CEE). Esta organización naceu tras a sinatura do tratado de Roma en 1957. Formaban parte dela os Países Baixos, Bélxica, Luxemburgo, Francia, Alemaña e Italia. O seu obxectivo básico era o de conseguir a libre circulación de mercadorías, capitais e traballadores entre estes países, establecéndose entre eles unha unión alfandegueira (non había que pagar aranceis nin impostos de entrada no tráfico comercial entre os países signatarios do tratado de Roma).

A CEE foi medrando e incorporando novos países europeos: Dinamarca, Irlanda e Gran Bretaña (1973); Grecia (1981); España e Portugal (1986); Suecia, Finlandia e Austria (1995). Os obxectivos da organización fixéronse máis ambiciosos: consolidar a unión económica e aspirar no futuro á unidade política. No ano 1987, a Acta Única Europea serviu para consolidar a CEE, creando unha política de “fondos estruturais” que basicamente consistía en que os países máis ricos da organización se comprometían a axudar economicamente aos máis pobres para reduciren as desigualdades existentes.

A Unión Europea, tal e como se coñece hoxe en día, naceu coa sinatura en 1992 do tratado de Maastricht (Países Baixos). Os obxectivos máis importantes deste tratado eran a creación dunha moeda única para todos os países (esta moeda, chamada euro, entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1999 e empezou a circular a partir do 1 de xaneiro de 2002, cando substituíu as antigas moedas nacionais); o establecemento da “cidadanía europea”, simbolizado na aparición do pasaporte da Unión Europea; o aumento da importancia do Parlamento Europeo, integrado por deputados de todos os países membros, etc.

En 2004 foron admitidos na Unión Europea outros dez países: Letonia, Estonia, Lituania, Polonia, a República Checa, Eslovaquia, Eslovenia, Hungría, Malta e Chipre. Igualmente neste ano as autoridades europeas e os gobernantes dos países membros deron luz verde á Constitución Europea, documento fundamental con vistas a consolidar o proceso de unificación política de Europa. Este documento debe ser aprobado no ano 2005 pola poboación en consulta popular ou referendo (España foi o primeiro Estado que a aprobou por esta vía) ou polos parlamentos nacionais dos diferentes estados.

@  Na tarefa 1 preténdese que sitúe e ordene nunha liña de tempo os principais acontecementos relacionados co proceso de formación da Unión Europea.

& Poderá usar como textos de apoio estes libros de texto: “Xeografía” 3º de ESO, da editorial Obradoiro-Santillana, unidade 16, páxina 268, e “Historia” 4º de ESO, da mesma editorial, unidade 14, páxina 220.

@  O obxectivo da tarefa 2 é que identifique os países que, na actualidade, forman parte da Unión Europea.
& Para documentar a resposta pode usar os libros de texto: “Xeografía” 3º de ESO, da editorial Obradoiro-Santillana, unidade 16, páxinas 268 e 269, e “Historia” 4º de ESO, da editorial Obradoiro-Santillana, unidade 14, páxinas 220 e 221.

§  Tarefa 1: A formación da Unión Europea.
§  Tarefa 2: Os países membros da Unión Europea.

1.2.1      Tarefa 1: A formación da Unión Europea
§  Indique en que ano se produciron os acontecementos relacionados coa formación da Unión Europea que se mencionan deseguido e, posteriormente, sitúeos na liña de tempo.
ACONTECEMENTO
ANO
a) Sinatura do tratado de Maastricht

b) Posta en circulación do euro

c) Nacemento da CEE.

d) Ingreso de España na CEE.

Liña de tempo:



ACONTECEMENTO
ANO
a) Sinatura do tratado de Maastricht.
1992
b) Posta en circulación do euro.
2002
c) Nacemento da CEE.
1957
d) Ingreso de España na CEE.
1986

1.2.2      Tarefa 2: Os países membros da Unión Europea


§  Indique no cadro o nome de cada un dos países e sinale se forma parte (SI) ou se non forma parte (NON) da Unión Europea. Pode consultar o mapa político de Europa en calquera atlas actualizado para identificar os países.




PAÍS
SI/NON
1
 FRANCIA

2
 BULGARIA

3
 ALEMAÑA

4
 POLONIA

5
 NORUEGA

6
 IRLANDA

7
 GRECIA

8
 SUIZA

9
 ESTONIA

10
 ISLANDIA


PAÍS
SI/NON
1
FRANCIA
SI
2
BULGARIA
NON
3
ALEMAÑA
SI
4
POLONIA
SI
5
NORUEGA
NON
6
IRLANDA
SI
7
GRECIA
SI
8
SUIZA
NON
9
ESTONIA
SI
10
ISLANDIA
NON



§  Calquera libro de texto da materia e o nivel correspondentes; recoméndanse particularmente os seguintes:
      Tarefa 1: libro de texto “Xeografía” 3º de ESO, da editorial Obradoiro-Santillana, unidade 16, páxina 268; libro de texto “Historia” 4º de ESO, da editorial Obradoiro-Santillana, unidade 14, páxina 220.
      Tarefa 2: libro de texto “Xeografía” 3º de ESO, da editorial Obradoiro-Santillana, unidade 16, páxinas 268 e 269; libro de texto “Historia” 4º de ESO, da editorial Obradoiro-Santillana, unidade 14, páxina 220 e 221.
  

Estado miembro de la Unión Europea


     Estados miembros de la Unión Europea.
     Estados candidatos a la adhesión.
Se denomina Estado miembro de la Unión Europea a cada uno de los países soberanos que forman parte de la Unión Europea1 (UE) y que le confieren competencias.2
En la actualidad, hay veintiocho Estados miembros de la Unión Europea.3 Desde los seis Estados fundadores de las originales Comunidades Europeas4 hasta su composición actual, la Unión ha experimentado sucesivas ampliaciones que han extendido sus fronteras hasta abarcar en la actualidad la mayor parte del territorio continental bajo la gobernanza común de la Unión Europea.
Los Estados de la Unión difieren entre sí en su historia, cultura, población, geografía, modelo político y territorial de gobierno, e incluso forma de Estado (veinte repúblicasfrente a siete monarquías),5 pero se encuentran vinculados entre sí por el compromiso político, económico y jurídico que deriva del proceso de integración europea asumido por todos en el marco de los Tratados constitutivos de la Unión Europea.
Para poder acceder a formar parte de la UE los Estados deben cumplir unos requisitos conocidos como Criterios de Copenhague, que establecen la obligatoriedad de que el Estado posea un gobierno democráticolibre mercado, además de reconocer los derechos y libertades de los ciudadanos entre otros requisitos.6 Cualquier Estado europeo que cumpla los requisitos de pertenencia puede formar parte de la Unión,6 y desde la firma del Tratado de Lisboa cualquier Estado que lo desee puede solicitar la retirada.7Hasta la fecha ningún Estado miembro se ha retirado o ha sido suspendido de la Unión Europea.

No hay comentarios:

Publicar un comentario