Democracia from Lidialu
§ A
España do século XX (desde a II República ata a actualidade).
§ A
España democrática.
1.2 Obxectivos
§ Recoñecer
as principais características na sociedade española actual e diferencialas das
de principios do século XX.
§ Valorar
os cambios da sociedade española do século XX e coñecer as experiencias
políticas (democracia, ditadura, transición á democracia, etc.) que aconteceron
no último século.
1.3 Contidos
§ Os
séculos XX e XXI: o mundo actual. O
século XX en España (síntese)
§ Análise
e interpretación de gráficos, diapositivas, fotografías, etc.
§ Localización
dos feitos históricos.
§ Secuenciación
dos feitos mediante frisos históricos.
§ Identificación
dos problemas da España actual.
§ Tipo
da actividade: a distancia, de aprendizaxe e individual.
§ Temporalización:
45 minutos.
– Tarefa
1: cinco minutos.
– Tarefa
2: quince minutos.
– Tarefa
3: quince minutos.
– Tarefa
4: dez minutos.
§ Recursos:
– Materiais:
calquera texto da área de Ciencia sociais, xeografía e historia correspondentes
a 4º de ESO; recoméndase o libro de Obradoiro-Santillana:
– Tarefa
1: unidade 18, páxina 302 e 304.
– Tarefa
2: unidade 18, páxina 308 e 309.
– Tarefa
3: unidade 18, páxina 302 e 304.
– Tarefa
4: unidade 18, páxina 302 e 304.
1.5 Descrición
do que se vai aprender
Nesta
unidade estudaremos a situación de España desde a morte de Franco ata a
definitiva estabilización democrática. Veremos que o paso dun réxime ditatorial
a outro democrático se produciu pola vía do diálogo, o consenso e a tolerancia.
Diferenciaremos varias etapas neste proceso de consolidación da democracia. Así
mesmo, prestarémoslle unha especial atención á Constitución de 1978, un dos
exemplos máis significativos dese desexo de liberdade, tolerancia e convivencia
pacífica que caracteriza este período.
2. Descrición
da actividade
Trala
morte de Franco en 1975, comezou en España a época democrática. O obxectivo da
presente actividade é o de situar cronoloxicamente este período, diferenciando
as etapas nas que se divide en función do partido político gobernante nelas:
etapa de transición cara á democracia, durante a que goberna UCD (1975-1982);
etapa de goberno do PSOE (1982-1996) e etapa de goberno do PP (1996-2004).
@ Realizaremos
na primeira tarefa o proceso de secuenciación cronolóxica do período denominado
“transición á democracia”.
& Pode
ampliar os contidos relativos a esta unidade no libro de Obradoiro-Santillana
de 4º de ESO, unidade 18, páxinas 302 a 311.
Igualmente,
preténdese salientar os protagonistas máis destacados destas diferentes etapas
(presidentes do goberno como Adolfo Suárez, Felipe González ou José María
Aznar), así como os acontecementos máis relevantes producidos en cada unha
delas.
@ Traballaremos
con aspectos relacionados coas etapas da transición á democracia e os seus
principais acontecementos na terceira tarefa.
@ Así
mesmo, na cuarta tarefa analizaremos algúns dos feitos relevantes que
protagonizaron personaxes destacados no período democrático en España.
Faise
un especial fincapé na Constitución de 1978, que consolida en España un réxime
democrático despois dos anos de ditadura da época franquista.
@ A
segunda tarefa pretende centrar a atención nas características da Constitución
que lle confiren ao Estado español o seu carácter democrático. Deberase saber
diferenciar estas características dos trazos representativos dun réxime
político totalitario.
2.2 Tarefas
2.2 Tarefas
§ Tarefa
1: Cronoloxía do período.
§ Tarefa
2: Características da Constitución de 1978.
§ Tarefa
3: Etapas e principais acontecementos de cada etapa.
§ Tarefa
4: Os protagonistas da España democrática.
Imos
facer unha secuencia cronolóxica dalgúns dos principais acontecementos
ocorridos en España trala morte de Franco. Repase os contidos e faga o que se
pide.
§ Sinale
na liña do tempo os seguintes acontecementos relacionados coa España
democrática:
A)
Morte de Franco
|
B)
Aprobación da Constitución en referendo
|
C)
Chegada ao poder do PSOE
|
D)
Chegada ao poder do PP
|
Entre
os retos máis importantes que tiña ante si España trala m
orte de Franco estaba o de dotarse dun novo marco político democrático, para o que era imprescindible a elaboración dunha Constitución que servise de marco común no que desenvolver a nova experiencia democrática en liberdade e en paz.
orte de Franco estaba o de dotarse dun novo marco político democrático, para o que era imprescindible a elaboración dunha Constitución que servise de marco común no que desenvolver a nova experiencia democrática en liberdade e en paz.
Repasaremos
deseguido os trazos principais da Constitución de 1978.
§ Indique
na columna da dereita se as características da Constitución de 1978 citadas na
columna da esquerda son verdadeiras (V) ou non o son (F):
CARACTERÍSTICAS
|
V/F
|
Proclama
a soberanía nacional, que reside no pobo español, de quen emanan os poderes
do Estado
|
|
Non
recoñece os dereitos das persoas
|
|
A
forma política do Estado español é a monarquía absoluta
|
|
Recoñece
a existencia da pena de morte
|
|
Garante
o pluralismo político a partir da libre creación de partidos
|
|
Só
permite a existencia dun partido político
|
|
Rexeita
calquera tipo de discriminación por razóns de nacemento, raza, sexo, relixión
ou opinión
|
|
A
forma política do Estado español é a monarquía parlamentaria
|
|
Os
españois non son iguais ante a lei
|
|
Garántese
a liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto dos individuos
|
CARACTERÍSTICAS
|
V/F
|
Proclama
a Soberanía Nacional, que reside no pobo español, de quen emanan os poderes
do Estado
|
V
|
Non
recoñece os dereitos das persoas
|
F
|
A
forma política do Estado español é a monarquía absoluta
|
F
|
Recoñece
a existencia da pena de morte
|
F
|
Garante
o pluralismo político a partir da libre creación de partidos
|
V
|
Só
permite a existencia dun partido político
|
F
|
Rexeita
calquera tipo de discriminación por razóns de nacemento, raza, sexo, relixión
ou opinión
|
V
|
A
forma política do Estado español é a onarquía parlamentaria
|
V
|
Os
españois non son iguais ante a lei
|
F
|
Garántese
a liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto dos individuos
|
V
|
O
proceso de consolidación da democracia non foi doado; estivo salpicado de
dificultades e de éxitos. Repasaremos deseguido algúns acontecementos
destacados neste proceso.
§ Relacione
os acontecementos da columna da esquerda co partido político que gobernaba en
España cando sucedeu cada un deles, indicando na columna da dereita as siglas
deses partidos (UCD, PSOE ou PP)
ACONTECEMENTOS
|
PARTIDO
|
Aumento
da inmigración ilegal
|
|
Intento
golpista do 23-F
|
|
Incorporación
de España á Comunidade Económica Europea
|
|
Crise
económica e política de reconversión industrial
|
|
Legalización
dos partidos políticos
|
|
Establecemento
da moeda única: o euro
|
|
Aprobación
en referendo da Constitución
|
|
Aprobación
da Lei de partidos para mellorar a loita contra o terrorismo
|
|
Ingreso
de España na OTAN
|
ACONTECEMENTOS
|
PARTIDO
|
Aumento
da inmigración ilegal
|
PP
|
Intento
golpista do 23-F
|
UCD
|
Incorporación
de España á Comunidade Económica Europea
|
PSOE
|
Crise
económica e política de reconversión industrial
|
PSOE
|
Legalización
dos partidos políticos
|
UCD
|
Establecemento
da moeda única: o euro
|
PP
|
Aprobación
en referendo da Constitución
|
UCD
|
Aprobación
da Lei de partidos para mellorar a loita contra o terrorismo
|
PP
|
Ingreso
de España na OTAN
|
UCD
|
A
transición á democracia en España foi unha obra colectiva de todos os españois.
Con todo, algúns personaxes merecen unha mención destacada polas súas
inestimables contribucións neste proceso. Imos recordar algúns.
§ Complete
as seguintes frases cos personaxes destacados durante as distintas etapas da
España democrática que figuran na seguinte lista.
José
María Aznar
|
Felipe
González
|
Adolfo
Suárez
|
Leopoldo
Calvo Sotelo
|
“Os
Pactos da Moncloa asináronse entre os distintos partidos políticos durante o
goberno de ................................................
A
decisión máis importante de ................................................
foi o ingreso de España na OTAN.
España
incorporouse á Comunidade Económica Europea baixo o mandato de
................................................
En
1996, o PP gañou as eleccións, co que
................................................ pasou a ser presidente do
Goberno.
“Os
Pactos da Moncloa asináronse entre os distintos partidos políticos durante o
goberno de Adolfo Suárez.
A
decisión máis importante de Leopoldo Calvo Sotelo foi o ingreso de
España na OTAN.
España
incorporouse á Comunidade Económica Europea baixo o mandato de Felipe
González.
En
1996, o PP gañou as eleccións, co que José María Aznar pasou a ser
presidente do Goberno.
§ Calquera
texto da área de Ciencia sociais, xeografía e historia correspondentes a 4º de
ESO; recoméndase o libro de Obradoiro-Santillana:
– Tarefa
1: unidade 18, páxina 302 e 304.
– Tarefa
2: unidade 18, páxina 308 e 309.
– Tarefa
3: unidade 18, páxina 302 e 304.
– Tarefa
4: unidade 18, páxina 302 e 304.
No hay comentarios:
Publicar un comentario